Somos
Dende 2003 explorando formas de consultoría TIC máis humanas
A nosa identidade
Somos ALDABA
Persoas traballando con tecnoloxías da información para optimizar procesos de negocio.
Combinamos experiencia e coñecementos especializados en múltiples contornas e tecnoloxías, con flexibilidade e vocación pola mellora continua. Como resultado, axudamos os nosos clientes a melloraren o seu rendemento e a crearen valor, dende a planificación estratéxica en materia TIC até as operacións do día a día.
A clave de como o facemos atópase nas nosas e nosos profesionais, que destacan, alén do seu talento e formación académica, pola súa capacidade e motivación de aprendizaxe, fundamental para poderen adaptarse e asimilar con axilidade os novos coñecementos, tecnoloxías, metodoloxías, aos que nos enfrontamos en cada novo proxecto e cada novo cliente.
Outra peza fundamental da nosa oferta de servizos constitúena os nosos colaboradores: grandes provedores de tecnoloxía (como Microsoft, HP o Fortinet), universidades, centros tecnolóxicos... Todos eles facilítannos estar ao día e adquirir unha formación de calidade nas últimas tecnoloxías e versións de produtos que saen ao mercado.
O día a día únenos baixo unha única visión: ser o socio tecnolóxico de referencia e preferencia dos nosos clientes. A nosa misión é desenvolver valor real para cada reto de negocio e cada persoa que interactúa con el, a través dos servizos e solucións TIC máis apropiados ás súas necesidades.
A nosa fórmula
Compromiso coas necesidades do noso equipo
Diversidade e igualdade de xénero
Consideramos vital dar visibilidade e fomentar unha maior presencia da muller no sector TIC.
Formación continua e relevante
O noso plan de formación está enfocado a dar resposta ás demandas do mercado e do crecemento da empresa.
Desenvolvemento profesional
A progresión de cada persoa individualízase en función das súas expectativas, ritmos e habilidades.
Conciliación familiar
Exploramos todas as opcións posíbeis para facer a vida das persoas implicadas en ALDABA cada vez máis fácil.
Estilo de vida saudábel
O deporte, a alimentación sa e as actividades ao aire libre forman parte da nosa axenda.
Impacto positivo
Damos pequenos pasos por mellorar a contorna na que operamos…a organización de actividades de conservación e restauración do medio ou a creación da nosa Cátedra ALDABA-WIB son dous exemplos diso.