GL | ES | EN

As nosas solucións

Prestando atención ás túas necesidades

section1_image

+20 anos de experiencia

+150 profesionais

+100 clientes satisfeitos

Enxeñaría software

 

Desenvolvemento a medida

Desenvolvemos solucións software de ámbito empresarial, empregando as mellores técnicas e ferramentas.

Xestión de procesos de negocio

Axudamos os nosos clientes a seren máis eficientes e competitivos, mediante a estandarización e automatización dos seus procesos de negocio: tarefas, documentos, firmas, aprobacións...

Integración e automatización

Abordamos proxectos de integración de software empresarial, facilitando a comunicación entre sistemas heteroxéneos e acelerando a adopción de novas solucións tecnolóxicas.

 

Enxeñaría de datos e analítica

 

Estudo de solucións de Business Intelligence (BI)

Antes de iniciar un proxecto de BI analizamos exhaustivamente, de todas as áreas interesadas, as súas necesidades analíticas, obxectivos operacionais e directivos mediante KPI’s, informes de seguimento e dashboards interactivos.

Datawarehousing personalizado

Integramos as diferentes fontes de datos do negocio a través de procesos de carga eficientes, co obxectivo de brindar unha plataforma centralizada, confiábel, escalábel de alto rendemento, que permita acceder de forma rápida a información precisa e relevante para impulsar o éxito empresarial.

Cadros de mando corporativos

Ofrecemos servizos especializados no desenvolvemento de cadros de mando corporativos para impulsar a toma de decisións baseada en datos.

Implantación da infraestrutura de datos

Deseño da solución de arquitectura adecuada para satisfacer as necesidades da plataforma de analítica de datos de cada organización.

 

Consultoría SAP

 

Módulos loxísticos

Dispoñemos de ampla experiencia en proxectos SAP relacionados co ciclo de vida do produto e a cadea de subministro: Xestión de almacéns (WM), Loxística e Compras (MM), Vendas (SD), Calidade (QM).

Facturación electrónica e EDI

Integramos SAP con calquera sistema de facturación electrónica, nacional ou internacional, e con sistemas EDI.

Solucións integrais

Abordamos proxectos "chave en man" e "end to end", integrando SAP con calquera sistema de información comercial ou software a medida.

PMO: Oficina de Proxectos

A nosa contrastada experiencia no mercado convértenos no candidato ideal para coordinar proxectos SAP nos que participan diferentes provedores.

 

Enxeñaría de Sistemas

 

Enxeñaría

  • Deseño e implantación de infraestrutura de sistemas Windows y Linux, comunicacións, seguridade e cumprimento, tanto en contornas físicas como virtuais.

  • Integracións con Cloud públicas (Azure, Google) e Cloud privadas. Servizos IaaS, PaaS.

  • Hibridación con Office 365 (AAD, Exchange Online, Teams, SharePoint, Intune…).

  • Proxectos de ciberseguridade. Análise de vulnerabilidades, análise de intrusión, resposta ante ameazas…

  • Deseño e implantación de medidas de seguridade.

  • Monitorización con Zabbix y ELK.

O&M

  • Vixilancia: seguemento e atención de alertas delegadas.

  • Mantemento Preventivo e Correctivo de segundo e/ou tercer nivel.

 

Consultoría TIC

 

RXPD

Adecuamos os procesos de cada organización ao RXPD dunha forma realista e personalizada, cummprindo unha dobre premisa legal:

  • Privacidade dende o deseño.

  • Privacidade por defecto.

DPO

Naquelas empresas que necesiten contar coa figura de Delegado de Protección de Datos como profesional externo, ALDABA levará a cabo as súas funcións de forma proactiva, informando e asesorando as organizacións das obrigas que lles incumben en virtude da normativa en protección de datos.

ITIL

  • Consultoría e asesoramento en procesos de Xestión IT.

  • Implantación de ferramentas.

Consultoría de cumprimento normativo

  • Ciberseguridade (ENS, ISO 27001).

  • Continuidade (ISO 22301).

Valor engadido

Compromiso co éxito dos nosos clientes

Aspiramos a crear relacións duradeiras e íntegras, tanto cos nosos colaboradores, como cos nosos clientes. Cremos que isto debe basearse na escoita activa, o respecto do tempo da outra parte, a transparencia e o compromiso, non só con cumprir, senón con intentar superar as expectativas de partida en calquera proxecto que emprendemos.