GL | ES | EN
26/02/2026

A UDC e Oracle impulsan o talento feminino STEM na Coruña

Imagen de noticia

A Universidade da Coruña (UDC) e Oracle celebrarán o vindeiro 7 de marzo unha xornada moi especial na que participa a cátedra ALDABA-WIB. A iniciativa está pensada para achegar a tecnoloxía a nenas e novas, no marco do Día Internacional da Muller. Impulsada pola Vicerrectoría de Estudantes e Empregabilidade da UDC, nace cun obxectivo claro: espertar e fomentar vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) desde idades temperás.

Durante a xornada, as participantes poderán mergullarse en talleres prácticos de programación, robótica, intelixencia artificial e outras tecnoloxías. A proposta é sinxela e motivadora: aprender facendo, experimentar, crear e divertirse mentres descobren todo o que poden chegar a conseguir coa tecnoloxía.

O evento tamén reserva un espazo para as familias, que poderán asistir a sesións informativas onde coñecerán mellor as opcións formativas STEM, resolverán dúbidas sobre itinerarios académicos e descubrirán as múltiples oportunidades profesionais que ofrece o sector TIC.

A xornada está dirixida a nenas e mozas de entre 4 e 16 anos. A inscrición é gratuíta e as prazas son limitadas. Podes anotarche aquí.

 

A Cátedra ALDABA-WIB, presente no evento

A Cátedra ALDABA-WIB colabora coa Facultade de Informática (FIC) a través da participación de Xema Vázquez Domínguez, coordinadora de Enxeñería Software en ALDABA. Con 18 anos de traxectoria no sector tecnolóxico, Xema formará parte do programa de charlas para familias coa sesión “Tecnoloxía sen mulleres, futuro incompleto”, onde compartirá a súa experiencia e FALTAN DATOS